Galiza Cultura
  • Actualidade
  • Campañas
    • Apoio á ILP sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego.
    • Obra das caixas
  • Asociaciacións
    • Actividades
  • Recursos

Alba de gloria no cumio do Pico Sacro

7/8/2018

0 Comentarios

 
Imagen

21 / 07 / 2018, ás 12:00h

Programa
  • 12.00h.  Chegada ao Pico e concentración na fonte roubada do Pico Sacro. Recitado dun poema adicado a este monte a cargo  do taller de poesía da AVC. Agra do Orzán da Coruña, asociación invitada este ano a partillar a lectura do discurso Alba de Gloria.
  • 12:15 h.  A escritora Mercedes Queixas daranos a benvida. De seguido, subida do último treito do cumio do Pico Sacro.
  • 12:45 h. Izado da bandeira e lectura de Alba Gloria. Intervirá pola AC. O Galo de Santiago, Elvira Cienfuegos, ecoloxista; pola AVC Agra do Orzán da Coruña, Belén Núñez Romero e pola AC. Vagalumes da Estrada David Otero, escritor. Canto do himno galego e baixada con visita ás covas da raíña Lupa, e intervención da escritora Iolanda Aldrei sobre as lendas e historia deste espazo.
  • 14:00 h.: Actuación do grupo Bico de Mar no adro da capela do Pico Sacro.


Xantar e roteiro literario pola Ulla
(Organizado por A. C. O Galo, A. C. Vagalumes)

15:00 h. Xantar no restaurante Aldea Grande, en Stª Cruz de Ribadulla (a 300 m do pazo de Ortigueira), telef. 669-523488  e  609-906623; na sobremesa volta a actuar o grupo Bico de Mar.

17:30 h.  Saída do restaurante. Ofrenda literaria no adro da igrexa de Berres nos enterramentos de Avelina e Marcial Valladares.
18:00 h. Visita guiada ao pazo de Vilancosta de Avelina e Marcial Valladares
19:Recital poético no Areal de Berres á beira do Ulla.  

* Xantar
Para participar no xantar debe aboarse por transferencia antes do día 18 de xullo ás 14:00 h. na conta que se indica no seguinte formulario no que anotarse e escoller o menú.

https://goo.gl/forms/ntxJ96aaaSYQtrQO2
0 Comentarios



Deja una respuesta.

    GZCultura

    Por un punto de encontro do asociacionismo cultural galego

    Fuente RSS

Galiza Cultura
Quen somos
Contacto
Cultura e liberdade