Santiago de Compostela 23 de decembro de 2014-.
A Federación de Asociacións Culturais Galegas Galiza Cultura, vén de solicitar un reunión co Valedor do pobo para participarlle a preocupación xeral polo destino do patrimonio das antigas caixas galegas unha vez que se consumou o proceso de privatización das mesmas.
Nesa xuntanza entregará as perto de 1000 sinaturas recollidas entre persoas de diferentes ámbitos profisionais e representantes de institucións académicas, culturais e empresariais galegas , en apoio ao manifesto pola titularidade pública, pola permaneza e exposición en Galiza e desfrute universal deste patrimonio. O manifesto, ademais das asociacións que integran Galiza Cultura, asinárono outras entidades culturais e empresariais, entre elas a Academia do Audiovisual Galego, Asociación de Actores, ou a Federación Galega de Bandas de Música, así como os reitores das Universidades de Santiago e A Coruña. Outras, como a Real Academia de Belas Artes de Galicia fixeron chegar a Galiza Cultura o seu interese en que todo o patrimonio artístico-cultural das antigas caixas permaneza no noso País e aberto ao público.
Este patrimonio, xunto con outras pezas de enorme relevancia, confórmano obras dos e das artistas máis destacadas do noso país desde mediados do século XIX, entre eles: Castelao, Seoane, Colmeiro, Laxeiro, Souto, Granell, Maruja Mallo, Lamazares, de Dios ou os mais relevantes dos xoves plásticos adcritos as tendencias mais vangardistas.
A petición de Galiza Cultura ao Valedor do Povo é o espello do sentir do pobo galego que quere que non saia de Galiza ese patrimonio seu, fruto da súa expresión artística, conformador da súa identidade e con capacidade para xerar ingresos económicos que revirtan no benestar dos homes e mulleres de Galiza.